Colaxe

A Ventana

Este verán vémonos nos concertos de A VENTANA, esperámoste no noso gastrobar! 

Emprazada dende 2003 no corazón de Laxe, unha viliña mariñeira da Costa da Morte, estratexicamente situada fronte á espectacular praia de Laxe, A Ventana é sinónimo de personalidade propia e bo gusto musical, encarnados nunha programación estable e variada de artistas da zona, da provincia, nacionais e internacionais.O que empezou como unha humilde proposta, unha aposta a todo ou nada pola música en vivo que, rememorando o espírito das tabernas irlandesas, apostaba por ofrecer un ou dous concertos mensuais, pronto callou entre a xente entendida e amante da boa música. Na actualidade A Ventana consolidouse como un dos locais de música en directo de referencia en Galicia, parada obrigada de artistas consagrados e emerxentes de paso pola nosa comunidade que lles gusta tocar en locais pequenos. A Ventana é membro activo de Clubtura (Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo), Acces (Asociación Estatal de Salas de Música en Directo) e AGADIC (REDE GALEGA DE MUSICA AO VIVO).