Colaxe

Actividades extraescolares

Actividades extraescolaresOfrecer actividades formativas, lúdicas e educativas que a través dunha metodoloxía creativa e construtiva fomente uns contidos que poidan converterse en afeccións futuras. Ofrecer un espazo de ocio positivo no que os alumnos/ás se divirtan realizando actividades que poidan resultarlles significativas e nas que se propicie o protagonismo dos menores como axentes do seu propio desenvolvemento persoal e social:

  • Idiomas: Inglés e francés: A aprendizaxe dun segundo idioma faise fundamental para a correcta e completa educación. En idades temperás, a aprendizaxe é máis doada, e duradeira no tempo. Por medio da dramatización nas clases e a plástica, os nenos e nenas expresan a súa creatividade e desenvolven a súa imaxinación e van aprendendo o idioma con espontaneidade. Formación específica de distintos idiomas que desenvolvan a súa capacidade lingüística e cognitiva: inglés, francés...
  • Música: Formación tanto de linguaxe musical coma de guitarra, piano e batería con aula insonorizada para garantir a comprensión da aprendizaxe. Os nenos serán os propios creadores da música, farán os seus propios instrumentos e melodías, facéndoos conscientes de que todos somos capaces de crear música.
  • Outras actividades: Xadrez e Baile.