Colaxe

Dinamización Sociocultural

Dinamización sociocultural

COLAXE Xestión Cultural xestiona a programación cultural de todo tipo de actividades culturais, de titularidade pública ou privada, ofrecendo un SERVIZO INTEGRAL DE XESTIÓN: deseño e asesoramento na programación de contidos, difusión e publicidade, persoal para a externalización da xestión de actividades en espazos culturais, sociais públicos.

Dende Colaxe entendemos que cando se fala de xestión de actividades diferentes xa sexan de ocio e formación, mantendo o ente público, o control da programación e avaliación, Colaxe presta servizos auxiliares ao Espazo Cultural (servizos de docentes, técnicos, atención en sala por monitores, comunicación...).

Entendemos que as empresas como a nosa con experiencia dedicada ao Ocio Educativo, á Formación e a facilitar novas formas de gozar do tempo libre son, en xeral, operadores máis adecuados para xestionar un espazo cultural e a súa programación con criterios de eficacia e eficiencia, con maior capacidade para competir nun mercado global con outras ofertas de ocio. Deseñamos proxectos onde a PARTICIPACIÓN é a clave que nos conduce á EDUCACION INTEGRAL da persoa.

Está formado por un Equipo de profesionais do ámbito da Educación e Animación, cun obxectivo común:

"Xuntar pensando en todas as idades Xogo, Cultura, Arte e Saúde baixo unha filosofía educativa que desenvolva os VALORES PARA A CONVIVENCIA". A nosa clave é a DINAMIZACIÓN EN CENTROS CULTURAIS, BIBLIOTECAS Y MUSEOS, TALLERES...

  • Visitas dinamizadas
  • Personaxes vivos
  • Programas interactivos
  • Animación do patrimonio
  • Talleres didácticos
  • Tras a arte
  • Rutas culturais

Nos nosos centros (COLAXE/A VENTANA) realízanse actividades culturais, exposicións, concertos e aluguer de salas.

A nosa formación a adultos ten un obxectivo claro emprego e incidirá na atención a mulleres que acceden por primeira vez ao mercado laboral e aquelas que se reincorporan despois dun longo período de inactividade. Establecéronse convenios de colaboración con empresas da área para a incorporación ao mundo laboral tras o proceso formativo.

TapeArte 2015