Colaxe

Apoio educativo

Atención psicopegagógica y apoyo educativo

O centro de intervención educativa ten 6 aulas, cada aula especializada para dar os apoios educativos imprescindibles. Traballamos con persoas de 3-18 anos en tres ámbitos:

Psicopedagoxía: Avaliacións, déficit de atención, atraso e fracaso escolar, dislexia, trastornos de conduta.

  • Unha avaliación psicopedagóxica que permita un diagnóstico acertado, diferenciando claramente a "clase de problema" que ten a/o nena/neno.
  • A incorporación da súa filla/fillo a un grupo reducido de escolares de características similares, no cal reciben adestramentos específicos para aprender habilidades de regulación da atención, de autocontrol do comportamento, de reflexividade, de competencia social, estimulación da intelixencia, mellora da comprensión de lectura...

Estimulación e reeducación da linguaxe: Avaliacións, trastornos da linguaxe oral e escrita, dislalias, disfemia...

Co fin de lograr uns resultados rápidos, eficaces e satisfactorios, os pasos a seguir son:

  • 1. Detección: Calquera persoa do ámbito do neno/a pode detectar que algo non vai ben, xeralmente por comparación. Sexa cual sexa o motivo: que non se lle comprende tan ben como ao resto dos compañeiros, que confunde certos fonemas que os nenos da súa idade non confunden, que hai algún fonema que non adquiriu aínda, que non comprende todo o que lle dicimos, que non é capaz de expresarse con fluidez... non é motivo de preocupación, pero si de consulta.
  • 2. Avaliación: Dependendo de cada caso particular necesitarase realizar unha avaliación da linguaxe de xeito exclusivo ou unha avaliación psicopedagóxica completa. O obxectivo do noso centro é lograr un desenvolvemento integral do neno/a, proporcionándolle as ferramentas necesarias para desenvolverse de xeito satisfactorio a nivel familiar, social e psicoeducativo.